lunes, 28 de febrero de 2011

Distintas axudas publicadas no DOGA

Expoñemos aquí as axudas publicadas no DOGA de 25 de febrerio de 2011, que aínda que son para todos os nosos gobernantes do PP-AEC no Concello non fan público:

 Orde de 4 de febreiro de 2011 pola que se determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2011 ao abeiro do Plan de Vivenda 2005-2008.
  Orde de 11 de febreiro Axudas para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda que contén co financiamento cualificado do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.

No DOGA de 23 de febreiro de 2011 aparece publicado a aprobación definitiva do Plan de Ordenación do Litoral (POL), que ven, no caso de Cabanas, a condiconar todo o desenrolo do Plan Xeral de Ordenación Urbanística Municipal (PXOUM). O noso equipo de goberno PP-AEC non fixo o mínimo caso de atender as distintas inquedanzas do resto de grupos municipais para estudar as alegacións a dito POL, xa que marca directrices dende a costa ata cerca do polígono de Vilar do Colo.

Tamén apaerce a listaxe de concellos aos que se lle conceden distintas coantías de axudas para a xestión de residuos.

Se votades un vistazo non aparece o noso Concello de Cabanas gobernado por PP-AEC, se cadra é que non non fan falta axudas, ou se cadra non chegamos a temppo para pedilas ou o que é máis grave TIVEMOS QUE DEVOLVELAS pagando intereses.
Sexa o que sexa mal, mal, mal.

Axudas do Ministerio de Educación para aprendizaxe de idiomas

O ministerio de educación sumándose ás novas tecnoloxías fai anuncio de novas interesantes:
No día 16 de febreiro: axudas para colonias de inglés durante o vrán de 2011 para alumnos de 5º e 6º de primaria.
No día 28 de febreiro: axudas para facer estancias en distintos paises xa para alumnos e mestres.

O PSdeG-PSOE de Cabanas cré firmemente na educación permanente. É o noso futuro.

martes, 8 de febrero de 2011

Maria Jose Cabana, candidata a la Alcaldia de Cabanas

María José Cabana, candidata de los socialistas a la Alcaldía de Cabanas, tras ser elegida en la Asamblea celebrada el pasado domingo 6 de Febrero

martes, 1 de febrero de 2011

Convocatoria de Asemblea Extraordinaria - Agrupación Municipal de Cabanas

Estimado Compañeiro/a

Pola presente convocámoste a asistir á Asemblea Extraordinaria da Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Cabanas, que se celebrará o vindeiro 6 de Febreiro de 2011 ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:30 en segunda; na sede comarcal do PSdeG-PSOE, sita en Fene , coa seguinte:

Orde do día:

1. Constitución da asemblea e elección de mesa
2. Candidatura Municipal para as eleccións de Maio de 2011:
    2.1. Propostas de candidaturas para o Concello
    2.2. Votación das candidaturas para o Concello